IGREXA DE SANTA MARÍA DE CORVELLE

Relixioso
1053

Localización

Parroquia: Corvelle (Santa María)

Lugar: Corvelle

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 02' 48.9" N - 8º 00' 14.0" W

Descrición

A igrexa presenta planta rectangular con presbiterio resaltado en altura. A portada, de medio punto rebaixado, remata en espadaña e pináculos, que impoñen o seu verticalismo ascensional no conxunto. As cornixas, curvas e abolutadas, prolónganse nos muros laterais. O arco rebaixado da portada e a fornela sobre este, con ao estatua da Inmaculada, serven de contrarrestro á lisura dos muros. No seu interior destacan as imaxes de San Miguel, San Pedro e San Pablo e as imaxes da Asunción e Inmaculada.

Acceso

A 4,8 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-411. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-411 ou tamén chamada rúa San Roque. Xirar á esquerda a 1,3km. e despois recto ata o recurso. Marxe esquerda da estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!