CAPELA DE CASTEDA

Relixioso
1006
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcos (Santa María)

Lugar: Casteda

27518  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 10.0" N - 7º 47' 31.9" W

Descrición

Pequeno edificio de planta rectangular. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito e lousa, e a cuberta a dúas augas.
O frontispicio remátase cun pequeno campanil.
Conserva no interior un retablo barroco, con columnas salomónicas e tres fornelas na parte baixa e unha no ático. Foi realizado no último terzo do século XVII.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P 1809 en dirección Antas de Ulla. A 5 km aproximadamente coller o desvío á dereita.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!