IGREXA PARROQUIAL DE SANTA UXÍA DE ASMA

Relixioso
No Camiño de Santiago
117

Localización

Parroquia: Santa Uxía de Asma (Santa Uxía)

Lugar: A Eirexe

27519  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 44.9" N - 7º 49' 14.9" W

Descrición

Edificio do século XVIII con importantes reformas posteriores.
A planta é de salón, con nave rectangular e presbiterio da mesma forma, separados só por un arco triunfal de medio punto con imposta.
No muro dereito apégase unha pequena sancristía de planta rectangular que comunica directamente co presbiterio por medio dunha portada alintelada. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. O frontispicio é de portada alintelada e remata cunha espadana sinxela de dous vans.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-P-1807. A 6 km aproximadamente coller o desvío á esquerda pola LU-P-1817.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Última actualización: 15/12/2017
Arriba