Edificio do último cuarto do século XVIII.
A planta é de salón, con nave rectangular e presbiterio da mesma forma, separados só por un arco triunfal de medio punto con imposta.
No muro esquerdo do presbiterio apégase a sancristía, de planta rectangular, e con acceso dende o exterior e dende o interior. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas e tres augas. Na nave conserva en cada lateral un arcosolio, nos que se colocaban os retablos laterais, hoxe desaparecidos. O do altar maior é de estilo barroco.
Culmina o frontispicio unha espadana de dous vans.