CAPELA DE CADÓS

Relixioso
1135

Localización

Parroquia: Cadós (Santiago)

Lugar: Cadós

32849  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 19.9" N - 7º 59' 30.9" W

Descrición

A igrexa parroquial está dedicada a Santiago. A imaxe, de peregrino, aparece no interior da fornela, sobre a portada. Esta última resólvese con arco de medio punto, de grandes doelas e clave figurada. Sobre o frontispicio, a espadaña remata o conxunto, con arcos peraltados e frontón triangular. No seu interior o retablo maior, obra do século XVIII, mostra relevos dos Evanxelistas, Santiago na batalla do Clavixo e a Degolación do Apóstolo.

Acceso

A 2,7 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. A 280m. xirar á dereita cara OU-1212. Continuar recto durante 2,4km. Xirar á dereita e continuar recto ata o recurso. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!