BATERÍA DE SEGAÑO

Civil
1444

Localización

Parroquia: Cervás (San Pedro)

Lugar: Chanteiro

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 10.0" N - 8º 18' 35.8" W

Descrición

Batería situada na Punta de Segaño, a uns 30 m sobre o nivel do mar, na bocana da ría de Ferrol. Esta fortificación levántase en 1739, xunto coas da enseada de Cariño, para protección para a estreita entrada da ría. En anos posteriores sofre diversas modificacións destinadas á consolidación dos pararmentos e a estrutura, mediante boas pezas de cantería. A planta configúrase como unha batería cara a mar e unha fronte de terra, en forma de hornabeque polo leste e quebrado polo sur. A finais do século XVIII conta con 16 canóns. Con posterioridade anexiónanse diversas construcións e pavillóns, ata ben entrado o século XX.

Acceso

Dende Ares tomar a estrada de Ares-Chanteiro, despois de pasar a aldea de Chanteiro, chegar a un cruceiro onde hai un camiño de terra á dereita que leva ata a batería.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!