IGREXA DE SAN PEDRO DE XALLAS DE CASTRIZ

Relixioso
1096
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xallas de Castriz (San Pedro)

Lugar: Xallas

15848  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 25.9" N - 8º 46' 28.9" W

Descrición

Templo do século XVIII, de estilo barroco. A igrexa presenta planta de salón, formada por unha soa nave e unha capela maior cadrada. A sancristía construíuse apegada ó muro norte con acceso desde o interior. En 1854 cubriuse con bóveda de canón soportada por arcos faixóns, que descansan sobre unha cornixa corrida. A capela maior está presidida por un gran retablo de madeira, dourado e policromado, dividido en cinco panos. No pano central emerxe a imaxe do santo titular e o sagrario. 
A fachada, de extrema sinxeleza, basea a súa ornamentación nos marcos afundidos que enmarcan a porta principal. Sobre o eixo central da mesma un van de luz rectangular ilumina o coro alto. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!