CASA NÚÑEZ

Civil
No Camiño de Santiago
218

Localización

Rúa: do Castro 2

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 50.0" N - 8º 12' 39.9" W

Descrición

Edificio situado no casco histórico da vila de Betanzos, de estilo modernista, construído no século XX (1923). Presenta dúas alturas, a planta alta destinada a vivenda e a planta baixa para os locais comerciais. Sería a primeira banca e casa comercial da vila. A composición do edificio articúlase de modo diferenciado entre as distintas partes, pois non existe un eixe axial. Os elementos decorativos aparecen coidadosamente distribuídos, tanto no interior coma no exterior, sempre cun deseño xeométrico e simplificado. Posúe referencias da arquitectura tradicional galega, como o balcón.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade ás inmediacións: autobús.
Accesibilidade ao recurso: coche, peatonal.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Última actualización: 06/10/2017
Arriba