EDIFICIO DO ASILO MANUEL NAVEIRA

Civil
No Camiño de Santiago
156

Localización

Rúa: Castela 38

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 33.9" N - 8º 12' 29.0" W

Descrición

Edificio situado en centro de Betanzos, construído no século XX (1914), polo arquitecto zamorano Pedro Ramiro Mariño, autor tamén do Pazo Consistorial de A Coruña. A construción presenta unha planta en forma de H onde se desenvolven dúas alturas. Profusa decoración vexetal e xeométrica ao longo de todo o edificio, destacando sobre todo a fachada principal, á cal se accede por unha monumental escalinata. A devandita fachada coróase cunha fornela que ten unha escultura dunha muller alimentando un neno, alusiva á caridade. Este asilo foi promovido por D. Manuel Naveira González, benfeitor da vila, para pobres, cegos e xordomudos. Hoxe en día alberga un establecemento hoteleiro.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade: Inmediacións:autobús. Recurso: coche, peonil.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 06/10/2017
Arriba