IGREXA DE SANTO DOMINGO DE BETANZOS

Relixioso
No Camiño de Santiago
283

Localización

Rúa: Irmáns García Naveira

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 45.0" N - 8º 12' 36.0" W

Descrición

Igrexa de estilo renacentista-barroco dos séculos XVI-XVII-XVIII. O inicio das obras coincide coa chegada dos dominicos a Betanzos. A principios do século XVII engádense as capelas barrocas da Soidade, as Ánimas e do Rosario, dando máis profundidade ao templo. A finais dese mesmo século súmaselle a ábsida, con elegantes formas barrocas. A fachada principal complétase no século XVIII. No século XIX, tras a desamortización de Mendizábal, deixa de ser convento. Ao edificio accédese por unha escalinata. Sobre a porta de acceso, que conserva un modesto pórtico renacentista, destacan unha fornela, con advocación a Santo Domingo, e un ventanal.

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Última actualización: 11/04/2017
Arriba