Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23040/igrexa-de-san-martino-de-oleiros?langId=gl_ES
Parroquia: Oleiros (San Martiño)
15993 Ribeira - A Coruña
Crese que con anterioridade a este templo puido existir outro románico como testemuña á escultura da Mater Dolorosa embutida no muro do adro.
A igrexa actual foi mandada construír pola Orde Beneditina (o seu patrón é San Martíño) e foi ampliada en 1853. Consta dunha planta en cruz latina con sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras e que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén cóbrense con bóveda de aresta. Os seus muros son de perpiaño, a excepción dos esquinais que son de cantería de granito. Salvo a fachada, o resto dos muros están cubertos con enfuscado pintado de branco. A cuberta é a dúas augas con tella curva. A fachada principal é de gran simplicidade. Ábrense tres ocos: a porta principal rectangular, sobre ela unha fornela en arco de medio punto coa imaxe de San Martíño e na parte superior unha ventá cadrada. Remata cunha cornixa a dúas auga no vértice da cal se levanta o campanario.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.