Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA MARÍA DE OUROL&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA MARÍA DE OUROL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23929/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-ourol?langId=gl_ES
Igrexa de planta de cruz latina, á que posteriormente se foron engadindo capelas laterais, sancristías, torre campanario e alpendres. Fabricada nos s. XVIII -XIX en cadeirado de granito rebocada de branco -agás torre campanario, reforzos de vans e esquinales-, con cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en cruceiro e a tres en capelas laterais e sancristías, situadas nos costados da capela maior.
De fachada bastante austera con ventanal cadrado e porta principal alintelada, sobre a que hai inscrición con data de reedificación desta parte do templo: 1898. Ao lado, torre campanario de planta cadrada de tres corpos e cupulino con acroterio final, sobre a porta da cal figura a inscrición: "Esta tore se ico siendo cura D. Franco. Cao Cordido. Año de 1790". Interior: presbiterio con bóveda de aresta e cúpula semiesférica con pinturas murais do Xuízo Final e os catro evanxelistas; retablo maior neoclásico da segunda metade do s. XIX, e retablos laterais salomónicos.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.