CASA NA AVENIDA EZEQUIEL LÓPEZ 23

Civil
98

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Avenida Ezequiel López 23

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 37.0" N - 8º 03' 21.9" W

Descrición

Edificio de formigón e madeira, construído no século XX. Posúe unha planta baixa, dúas alturas e un ático engadido con posterioridade que rompe o ritmo e as características do edificio. Presenta unha fachada que dá ao río Condominas. Na parte baixa ábrense dúas portas de acceso separadas por un van. No primeiro piso sobresae unha galería interrompida por un balcón decorado. No segundo piso destaca unha galería corrida. As galerías, traballadas de xeito tradicional, mostran detalles ornamentais tallados na madeira. A maioría dos vans, agás os do ático, posúen remate superior curvo. Os materiais utilizados son o formigón, a madeira e a tella para a cuberta.

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2018
Arriba