EDIFICIO DE VIVENDAS NA AVENIDA EZEQUIEL LÓPEZ

Civil
788

Localización

Parroquia: Cedeira (Santa María do Mar)

Lugar: Cedeira

Avenida Ezequiel López

15350  Cedeira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 39.9" N - 8º 03' 20.9" W

Descrición

Edificio construído no século XIX (1847). A construción mostra a peculiaridade de formar un conxunto a partir de catro vivendas anexas, cun único tellado. Todas gardan similitudes, existindo pequenas diferenzas no tratamento decorativo. Na fachada, as catro presentan o mesmo esquema. Na planta baixa ábrense tres portas de acceso con zócolo. No primeiro piso sobresaen tres balcóns de ferro con varandas moi decoradas. No segundo piso destaca unha galería corrida, con pequenos elementos decorativos e dividida en sete tramos. O conxunto péchase cun tellado a catro augas e os materiais utilizados son os tradicionais: madeira e pedra, esta última vista e revocada.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!