IGREXA DE SANTA OLAIA DE ESPENUCA

Relixioso
198

Localización

Parroquia: Coirós (San Xulián)

Lugar: A Espenuca

15316  Coirós - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 48.9" N - 8º 09' 21.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. O interior a nave, de pequenas dimensións, cóbrese con teitume de madeira, mentres que a ábsida ten bóveda de canón. Destacan as pinturas murais do século XV. O exterior concentra na fachada principal toda a ornamentación. A porta de entrada ten a particularidade de que para acceder ao interior é necesario baixar varios chanzos. Posúe unhas columnas acodilladas nas xambas, cun fuste moi curto e unha basea demasiado alta, que se coroan con capiteis vexetais de forma troncocónica invertida. Dende os primeiros tempos do cristianismo existiu en Espenuca un mosteiro, reedificado no ano 881, o cal se incorporou ao mosteiro de Cines no século XI. No século XV aínda era priorado, pasando posteriormente a ser filial da parroquia de Coirós.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Acceso

Dende Coirós, en dirección a Betanzos pola N-VI, tomar desvío sinalizado a Espenuca, onde se acha a igrexa.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 11/04/2017
Arriba