IGREXA SAN ANTONIO DE PÁDUA DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE TUI

Relixioso
No Camiño de Santiago
373

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa: da Corredoira, s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 53.9" N - 8º 38' 38.0" W

Descrición

A igrexa de Santo Antonio de Pádua formaba parte do conxunto conventual de San Francisco, ao se asentar os frades na cidade en 1642. As obras do convento comezan en 1682, mentres que a igrexa estaría concluída en 1723. A fachada principal conta coas formas sinxelas propias do barroco académico do momento. No interior o seu esquema segue as normas da orde: tres naves, con altares en nichos as laterais, e coro amplo enriba. No cruceiro destaca a poderosa cúpula e un espazo diáfano propio da predicación franciscana.

O retablo maior é obra anónima do ano 1728, propio do barroco portugués. O antigo convento pasaría a se converter en 1850 en Seminario conciliar, conservando o claustro barroco e reformando o antigo claustro aberto do norte nun patio pechado na primeira metade do século XX. A partir de 1959 transformarase en Seminario Menor San Paio.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 09/06/2017
Arriba