IGREXA DE SAN PEDRO DO VAL DE XESTOSO

Relixioso
1205

Localización

Parroquia: O Val de Xestoso (San Pedro)

Lugar: O Canedo

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 30.0" N - 7º 58' 00.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco rural. Planta de cruz latina cunha soa nave, sancristía rectangular e presbiterio. No interior, nave con bóveda rebaixada e teitume de madeira. O presbiterio, con estrutura aérea abovedada e espazo central plano, está delimitado por un arco triunfal de medio punto. No exterior, muros revestidos e branquexados exceptuando os esquinais e recercado de ocos. Cuberta de lousa e tella curva nas esquinas, a dous, tres e catro augas. Complexa volumetría que reflicte os distintos corpos anexionados ao central. Austera fachada principal, organizada nun corpo, con porta rectangular e pequeno oco para a iluminación. Sobre a cornixa, espadaña de dous corpos rematada por pináculos con bólas.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada Irixoa, a 4 km no núcleo de Xestal, tomar á esquerda onde indica Val Xestoso, Alto Xestoso e As Pontes. Esa estrada, a DP-3902, enlaza coa DP- 0905. Alí toma á esquerda  dirección a Alto Xestoso. uns 6 km chégase ao núcleo de Xiao, alí atopará un desvío á dereita que indica a Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!