IGREXA DE SANTA MARÍA DE LABACENGOS

Relixioso
1360

Localización

Parroquia: Labacengos (Santa María)

Lugar: A Igrexa s/n

15564  Moeche - A Coruña

Coordenadas:
43º 33' 54.0" N - 7º 58' 45.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco rural, con nave única de planta rectangular, sancristía, pequena capela e presbiterio. No interior, un arco triunfal dá acceso ao presbiterio.No interior, un arco triunfal dá acceso ao presbiterio e unha escaleira de caracol introduce o coro alto de madeira. No exterior, combina muros revestidos e caleados con pezas á vista nos esquinais. Consta dunha cuberta de lousa a tres augas, e unha fachada principal organizada en tres panos por medio de bandas verticais, coroadas por unha dobre espadana rematada en frontón triangular. A inscrición da fachada fala dunha reconstrución no século XIX, mentras que a inscrición da casa do párroco nos fala da súa construción no 1787. Vistas da chaira da parroquia de Labacengos.

Acceso

Dende a capital municipal, ir á estrada xeral (AC-862), e dende alí en dirección Ortigueira ata o cruce coa estrada CP-4904, por onde seguiremos a sinalización que nos levaría ó castelo de Moeche virando á dereita. No cruce do Concello Vello virar á esquerda onde a sinalización indica “Labacengos”. Continuar sen desvíos nesa estrada (CP-4902) durante 1,7 km ata chegar á igrexa parroquial.
Arriba