CASA RECTORAL DE HIO

Civil
976

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: O Igrexario

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 13.4" N - 8º 49' 47.9" W

Descrición

A Casa Rectoral de Hío ten un indubidable aspecto de pazo. Estrutúrase con planta en forma de L con balcón balaustrado cuberto mirando ao patio pechado ao que se accede mediante un portalón. Parte da fábrica debe pertencer ao século XVII, como así parece testemuñalo a inscrición -1677 - que figura na fonte do patio, mandado construír polo párroco don Bentura de Aldao. Non obstante, outra parte da obra é perfectamente adscribible ó século XVIII. Conta tamén con hórreo e pombal.
Arriba
Axúdanos a mellorar!