IGREXA DE SAN ANDRÉS

Relixioso
153

Localización

Parroquia: Guillamil (Santo André)

Lugar: Guillamil

32655  Rairiz de Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 24.9" N - 7º 50' 02.9" W

Descrición

Ao exterior queda a estrutura da igrexa con elementos góticos e reformas posteriores; na fachada destaca a imaxe petrea de arte popular que representa a Santo Andrés. No muro meridional, porta románica sobre dúas columnas con capiteis con decoración vexetal de onde arrancan tres arquivoltas, o primeiro muxe e as segundas decoradas con forma axedrezada, típico do románico limiá.
No interior destaca o retablo maior, con relevos dos evanxelistas e diversos temas evanxélicos. Está aberta os domingos pola tarde.

Accesibilidade

Peonil, en autobús e en coche.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 28/03/2017
Arriba