IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLVEIRA

Relixioso
1418
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (San Martiño)

Lugar: Olveira

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 24.0" N - 9º 01' 48.9" W

Descrición

Construída a finais do s. XII, sofre reformas nos séculos XVII e XVIII. De estilo románico– barroco, ten planta de cruz latina cunha capela maior rectangular. A nave é angosta e alongada. Posúe unha sancristía apegada ao muro norte do presbiterio e a capela maior está cuberta por unha bóveda de canón. A fachada está organizada en forma de pentágono. Un eixe vertical organiza a distribución da fachada; aparecen nela unha porta semicircular sen ornamentación, un van coa imaxe de san Martiño, unha ventá rectangular, un corpo xeométrico decorado con placas e unha torre de dous corpos coroada por unha pequena cúpula. O retablo é de estilo barroco e nel evidénciase o influxo da obra de Fernando de Casas na decoración. A imaxe de San Martiño, de estilo neoclásico, é a que preside o altar.

Acceso

Saír da capital municipal cara á Serra de Outes pola DP-3404. Atravesar os lugares de Hospital, O Logoso e Olveiroa. Tras pasar este último núcleo, virar á esquerda e continuar ata chegar a Olveira. A igrexa está á man dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!