Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA OLAIA DE LIMODRE&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA OLAIA DE LIMODRE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/25195/igrexa-de-santa-eulalia-de-limodre?langId=gl_ES
Parroquia: Limodre (Santa Eulalia)
Lugar: O Camiño Grande
Estrada da Armada
15627 Fene - A Coruña
Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Planta de cruz latina. A fachada principal concentra os elementos ornamentais. Así, a porta de entrada, rectangular, conta cunha pequena ventá que deixa pasar a luz ao interior. A cornixa dispón de pináculos que rematan en bólas. A espadaña sobresae, rompendo a horizontalidad visual, e contrasta as súas pezas de pedra á vista cos panos de fachada laterais, revogados e caleados. Tamén nos esquinais resaltan as pezas á vista.
O crego Fernán Gómez das Seixas funda en 1604 unha capela en Limodre que podería coincidir con esta igrexa. O material de construción é o granito, que imprime, incluso nestas igrexas rurais de pequeno tamaño, un carácter de solidez, monumentalidade e grandiosidade.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.