IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE ARCOS

Relixioso
1104
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcos (Santiago)

Lugar: Arcos

15258  Mazaricos - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 50.9" N - 9º 05' 22.9" W

Descrición

Construída no s. XIX. Ten unha nave de planta de cruz latina, muros de cachotaría, cuberta a dúas e tres augas e tellado de tella. A fachada, de cantería, ten un pórtico composto dun arco de medio punto peraltado e abovedado no seu interior, sobre o lintel da porta hai unha imaxe de San Pedro coa chave do Ceo na man. Sancristía pegada a un dos laterais da cabeceira. Campanario de dous corpos rematado por unha cúpula coroada por un pináculo.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!