FESTA DA LAGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA

Festas de interese turístico
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 06/07 - 08/07
381
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

36780  A Guarda - Pontevedra

Descrición

A Festa da Lagosta celébrase de modo ininterrompido dende o ano 1991 e dende o ano 2000 incluíu tamén unha mostra da gastronomía local con novos mariscos e moluscos polo que pasou a denominarse Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda.
A gastronomía guardesa goza de recoñecida fama grazas á extraordinaria calidade dos seus produtos e, en especial, da lagosta; unha especie migratoria que vive nos fondos rochosos da costa Atlántica. No século XIX foron construídas na Guarda varias cetáreas ás que só se podía acceder con marea baixa co fin de conservar crustáceos vivos, sobre todo lagostas, lumbrigantes, bois de mar, nécoras, centolas e ata camaróns.
A festa conta cun carácter popular e participativo e dinamízase cunha feira de artesanía con artesáns galegos.
As actividades fundamentais son a degustación, as actuacións musicais e teatrais e as visitas guiadas pola Ruta das Cetáreas recentemente creada. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Última actualización: 05/06/2018
Arriba