PR-G99 ROTA DA AUGA DE GUITIRIZ

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
1090

Localización

Guitiriz - Lugo

Coordenadas:
43º 11' 25.2" N - 7º 55' 19.8" W
43º 10' 18.1" N - 7º 47' 35.0" W

Descrición



Interese naturalista


A Rota da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.

Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz;...

Pero por riba de todo, este sendeiro une as tres fontes de augas curativas máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no impoñente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo xunto á Carballeira de Pardiñas.

Acceso

Dende A Coruña ou Lugo pola A-6 con saída en Guitiriz, continuando pola N-VI ata os puntos de inicio.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Concello de Guitiriz
Rúa do Concello, 427300 Guitiriz.
Tel.: 982 370 109 / Fax: 982 372 178
www.concellodeguitiriz.com
Segatur S.L. Apdo. 5430 - 36200 Vigo. Tel. 886 117 011
e-mail: info@segatur.com / www.segatur.com

Federación Galega de Montañismo
Rúa Fotógrafo Luis Ksdo, 17 of. 10. 36209 Vigo.
Tel.:986 208 758 / fax: 986 207 407
e-mail: info@fgmontanismo.org / www.fgmontanismo.org

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 46-IV Guitiriz, 47-III Baamonde, 71-II Dombrete e 72-I Parga.

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Pardiñas - UTM: 29T X:587700 Y:4782725
Punto de partida: Ponte de Santo Alberto - UTM: 29T X:598225 Y:4780850

Links

Percorrido

Ponte e Capela de Santo Alberto, Fonte da Fala, ponte Pitero, Fonte de Valdobín, A Pobra de Parga, a ponte de Ferreira, a ponte de Montemeá, a ponte de Moeiro, Balneario de Guitiriz, a ponte da Forxá, área recreativa e piscina dos Sete Muíños, O Pazo, Pardiñas.

Conexións

Co PR-G 20.

Un plus

O Balneario de Guitiriz, inaugurado a principios do século XX, foi un motor importante da economía da vila. Durante a Guerra Civil funcionou como hospital de tropas “moras”, polo que foi construída unha mesquita próxima ao hotel. Despois do esplendor dos 50, coa moda de tomar o sol na praia, os balnearios inician unha decadencia. Hoxe, como outros moitos balnearios galegos, vive un segundo renacer con instalacións completamente novas. Así, Galicia convírtese no primeiro destino da península pola variedade e calidade dos mananciais e das instalacións termais.

Servizos

En Guitiriz, A Pobra de Parga e Pardiñas.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 410 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 491 m.
Desnivel acumulado baixando: 103 m.
Desnivel acumulado subindo: 139 m.

Dificultade

Fácil

Lonxitude

19.6

Duración

6

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 22/11/2016
Arriba