CASA PARA MANUEL BÁRCENA FRANCO

Civil
1123
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 24-26

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 15.0" N - 8º 43' 18.9" W

Descrición

Edificio para Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira. Foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez e construído entre 1879 e 1884. Pretendía ser a máis grandiosa obra civil daqueles anos e o seu nome orixinal era "Sete casas para particulares". Estrutúrase en catro plantas, con corpos saíntes nas súas zonas centrais que rompen a monotonía da lonxitude das fachadas. Ten vans con acentuados cercos moi decorados nas tres plantas altas, o que lle dá aspecto moi maxestoso. Como elementos decorativos hai que destacar as figuras xeométricas, os pedestais e vasos nos áticos, as cornixas e as balaustradas.

Foi sede da Caixa de Aforros de Vigo e da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e, na actualidade, alberga as salas de exposición de arte de Afundación.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!