Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO)&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO) extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26572/capela-maior-catedral-basilica-de-s.martino-?langId=gl_ES
Da cabeceira orixinal, formada por varias ábsidas, só se conserva a principal. No século XVII foron derrubadas as ábsidas laterais para levar a cabo a construción do deambulatorio. A estrutura románica vese tapada pola presenza de varios retablos. O principal, o retablo maior, foi obra de Cornelis de Holanda no século XVI. Dividido en 4 corpos e cinco vans, mostra escenas da vida de María e Xesús.
Continua o retablo maior a través duns colaterais barrocos (Castro Canseco, século XVIII) que serven para mostrar o martirio dos santos Facundo e Primitivo e o de Santa Eufemia. Na parte inferior de ambos os retablos instalouse o cadeirado baixo do coro renacentista trasladado desde a nave central. Pódense atopar tamén dous sepulcros: un do cardeal Quevedo, (século XIX) e outro de abundante decoración que non se sabe a quen pertence: o sepulcro do bispo descoñecido (gótico, século XIV). O ciborio (siglo XV-XVI) levántese uns 28 m de altura. Rematan o conxunto as reixas da capela maior (Celma, século XVI) recolocadas tras o traslado do coro; a do norte reproduce as virtudes e a do sur, a crucifixión.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.