Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA DAS ARTES - ANTIGO EDIFICIO BANCO DE ESPAÑA&body=Recoméndoche que leas a información CASA DAS ARTES - ANTIGO EDIFICIO BANCO DE ESPAÑA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26629/edificio-banco-de-espana?langId=gl_ES
Edificio proxectado en 1938 polo arquitecto Romualdo de Madariaga. Consta dun amplo chafrán no que se sitúa a entrada, que serve ademais de eixe de simetría ás dúas fachadas restantes. Este chafrán contén a única e austera decoración do edificio. A decoración comeza na monumental porta de entrada, sobre a que se levantan catro pilastras acanaladas sen capitel pero cun entaboamento e unha cornixa decorada con baixorrelevos simbolizando o traballo nunha figura feminina e outra masculina (esta ten un escudo coa cruz de Santiago, o xugo e as frechas). Todo o edificio ten amplas ventás con arcos de medio punto e uns vans enmarcados con saínte e decorados.
Foi Banco de España ata que, a mediados da década dos anos 80 pasa a formar parte do patrimonio municipal.
A Casa das Artes, que comezou a súa andaina en 1990, constitúe desde entón o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais. As súas salas acollen mostras de artes plásticas, arquitectura e fotografía, entre outras disciplinas artísticas, tanto de arte galega contemporánea como das vangardas artísticas máis internacionais do século XX.
É a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da Colección Torras.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.