PR-G 115 RUTA DO ADRO VELLO

Sendeirismo
3212
No Camiño de Santiago

Localización

O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 28' 40.5" N - 8º 55' 43.9" W
42º 28' 30.2" N - 8º 56' 00.8" W

Descrición

A maior parte do percorrido localízase dentro do Espazo Natural «Complexo Ons-O Grove» dentro da Rede Natura 2000. Iniciamos o camiño bordeando a costa e contemplando fermosos areais de augas cristalinas e area fina. É parada obrigatoria visitar a antiga fábrica de salga coñecida como Salgadeira de Barcela.

Tras deixar a costa, a paisaxe adquire os caracteres habituais da Galicia rural, onde pasteiros e zonas agrícolas nos acompañan deica a fin do camiño nas Rodeiras.

Esta ruta toma o seu nome dos restos arqueolóxicos da necrópole coñecida como Adro Vello, situada á beira do mar, onda a Praia do Carreiro, e que ao longo da historia albergou unha vila romana e PR-G 115 Ruta do Adro Vello unha fábrica de salga, así coma outros asentamentos de antigos poboadores. Os traballos de escavación realizados nos últimos anos puxeron ao descuberto sepulturas, así como muros de traza romana, pavimentos e os cimentos da primitiva igrexa visigótica, que no s. XVIII, por mor dos frecuentes saqueos de piratas e dos golpes de mar, se trasladou a un lugar máis seguro, que é o que ocupa actualmente o templo de San Vicente.

Hoxe en día este xacemento encóntrase valado e pechado totalmente ao público.

Acceso

Na AP-9 coller a saída 119 cara ao Grove pola AG-41. Á entrada da península do Grove tomar a PO-317 que atravesa San Vicente do Mar en dirección a San Vicente do Grove. Dende aquí baixar cara aos restos de Adro Vello, xunto á praia de Carreiro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Un plus

SALGADEIRAS (FÁBRICAS DE SALGA)

Os fenicios trouxéronnos a arte de salgar o peixe. Tras deles, os romanos promoveron este método de conservación co transporte de peixe e marisco ao resto do Imperio.

Dende finais do s. XVIII ata mediados do XIX as fábricas de salga marcaron a economía na ría de Arousa, pasando dun labor artesanal para o consumo doméstico a converterse nunha actividade industrial. Foron familias catalás as que iniciaron esta actividade económica en Galicia, situando as súas factorías en enseadas abrigadas con fácil acceso para as embarcacións de pesca.

Este proceso perdeu forza a finais do XIX, deixando o camiño aberto a unha industria moi próspera nestas terras: as conserveiras.

Lonxitude

A ruta principal mide 3,03 km e a derivación de ida e volta 80 m.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: As Rodeiras (O Grove) - UTM:29T X:505587 Y:4702742
Punto de partida: Praia de Barreiriño (O Grove) - UTM:29T X:505587 Y:4702742

Percorrido

Playa de Barreiriño, Salgadeira de Barcela, Playa de Barcela, Playa de Area Grande, Carríns, O Outeiro, As Rodeiras.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 15 minutos.

Servizos

Dentro da ruta, avituallamento só en época de verán. Fóra da ruta, no Grove.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

184-II O Grove.

Máis información

Concello do Grove
Tel.: 986 731 415
oftur@turismogrove.com
www.turismogrove.com

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!