Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MUSEO DE LA CONSTRUCCIÓN NAVAL (FUNDACIÓN EXPONAV)&body=Recoméndoche que leas a información MUSEO DE LA CONSTRUCCIÓN NAVAL (FUNDACIÓN EXPONAV) extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/280376865/exposicion-nacional-de-la-construccion-naval-exponav-?langId=gl_ES%26tp=13%26ctre=75
É un dos museos máis interesantes para coñecer e entender a cidade de Ferrol. Sito no Arsenal dos Diques no Edificio das Herrerías, permítelle ao visitante comprender a construción naval dende o século XVIII, momento dourado da cidade cando nesta antiga fábrica traballaban case 400 persoas. Os históricos vínculos de Ferrol coa Armada e o feito de que a primeira escola de enxeñeiros navais fose de aquí, fixeron posible a apertura deste museo, inaugurado no ano 2008 polos Reis de España.
O museo conta cunha colección formada por máis de 2700 pezas, entre as súas áreas de reserva e as dez salas que conforman o espazo expositivo pódense atopar desde maquetas ata ferramentas pasando por planos e pezas orixinais de diversos buques, destacando entre elas a xoia da exposición, o pecio da Fragata Santa María Magdalena. Con todo iso, faise un percorrido pola historia da construción naval desde o século XVIII ata a actualidade.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.