FARO

Áreas de recreo e miradoiros
1514

Localización

Parroquia: Faro (San Xiao)

Lugar: Faro

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 42' 28.2" N - 7º 34' 47.3" W

Descrición

Este pequeno monte está situado a 198 m de altitude, no acceso ao cumio, á man dereita, hai un sendeiro peonil ata Punta Faro, onde está a baliza que sinaliza a entrada da ría polo leste, de camiño divísase a pequena praia de Portonovo e a costa de Xove. O cumio alberga restos da antiga garita de vixilancia e do facho, que se acendía para avisar dos ataques ademáis de guiar aos mariñeiros que se atopaban no mar, así como unha pequena área recreativa dende a que contemplar fermosas vistas da ría, das illas Coelleira, Gabeira, Insua, das praias de Area e Covas e do porto de Celeiro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!