ÁREA DE ARBO

Áreas de Autocaravanas
1500

Localización

Parroquia: Arbo (Santa María)

Lugar: O Souto

Rúa: Estrada PO 400

36430  Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 57.4" N - 8º 18' 17.2" W
+34 986 665 000

Descrición

Zona de servizo municipal. Os servizos de hostalería e compras están na cidade a 1 km. aproximadamente. Gastronomía, especialmente lamprea e viño do condado. Espazos naturais impresionantes e propostas variadas para rutas guiadas.


Na cidade hai diferentes lugares para pasar a noite, xunto ao campo de fútbol hai un bo lugar cunha área recreativa e con interesantes vistas de toda a ribeira do Miño e da zona que se pode ver en Portugal.

Acceso

Dende a A9, tomar a saída 251 e despois a PO-400. A uns 20 km. está Arbo. Se circulamos dirección Ourense, nada máis pasar o pobo, ao saír dunha rotonda xa se ve o sinal da área.
Se se chega dende Ourense, antes de entrar en Arbo, na mesma rotonda tamén se ve o sinal. A área está xusto ao pasar a rotonda dirección Ourense

Máis información

48

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Arriba
Axúdanos a mellorar!