COLECCIÓN DE ARTE FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Museos e coleccións
1004
No Camiño de Santiago

Localización

Polígono da Grela. Edificio Work Center. Rúa Galileo Galilei 6

15008  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 21' 11.5" N - 8º 25' 21.0" W

Descrición

A Colección de Arte que alberga a Fundación María José Jove iniciouse a mediados da década dos noventa coa vontade de reunir unha selección de obras de arte galega, aínda que moi pronto abriu o seu campo de interese e incorporou unha interesante lectura da arte español do século XX. Desde fai máis dunha década e ata a actualidade, o foco púxose nas prácticas contemporáneas. A sala mostra autores como Kiefer, Ángela da Cruz, Baselitz, Gormley, Picasso, Kandinsky, Lèger, Dalí, Tàpies ou Bourgeois, presenta 120 obras expostas das 600 obras que a completan.
Igualmente, os diferentes programas postos en marcha ao redor da colección pretenden prestar apoio ao contexto cultural, principalmente ás artes visuais, a través de bolsas, residencias, publicacións, premios ou producións, e o desenvolvemento doutras actividades que faciliten a conexión entre persoas de diferentes lugares, ámbitos e disciplinas. Participan artistas, curadores, investigadores ou outros profesionais que cos seus proxectos contribúen á produción de ideas e accións críticas diversas.
A exposición permanente sitúase na Fundación María José Jove ocupando 1.000 m².  Con sede na Coruña, a Fundación María José Jove é unha entidade que traballa desde hai 20 anos en favor da infancia e a inclusión social.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Tipos de servizos

Aparcamento
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!