PR-G 81 RUTA DA FRAGA DA BECERREIRA

Sendeirismo
2027
No Camiño de Santiago

Localización

Trabada - Lugo

Coordenadas:
43º 26' 15.6" N - 7º 12' 41.6" W

Descrición

O primeiro tramo do percorrido é común nos PR-G 81 e 82. Comeza no aparcadoiro da encrucillada entre as estradas nova e vella de Trabada ás Rodrigas. Neste punto existe un panel con plano das dúas rutas.

Na entrada da fraga encóntrase un refuxio con elementos explicativos da flora circundante.

A ruta ascende acompañando o regueiro Vilapercide ata o seu nacemento. Cruzando de beira a beira por pasarelas de madeira percíbese o típico bosque de ribeira húmido e escuro. Ás veces, as placas identificativas axudan a recoñecer os diferentes exemplares de árbores.

Nas Liñeiras sepáranse ambas as sendas e o PR-G 81 introdúcese na parte alta do bosque autóctono onde predominan os carballos. O descenso cara ao punto de partida é suave.

Acceso

Na estrada CP-55-06 de Trabada ás Rodrigas (capital do concello de Riotorto), despois de pasar Cima de Vila.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Lonxitude

6,2 km.

Punto de partida/chegada

Aparcadoiro na estrada de Trabada a Augaxosa - UTM:29T X:644850 Y:4811195

Percorrido

Encrucillada na CP-55-06, fraga de Becerreira, regueiro Vilapercide, As Liñeiras, zona alta da fraga, cruzamento na CP-55-06.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas.

Material

No esquecer información sobre a flora da zona.

Servizos

Fóra do sendeiro, en Trabada ou en Vilanova de Lourenzá.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 24-II Vilanova de Lourenzá.

Máis información

Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!