IGREXA DE SANTA MARÍA DE VEMIL

Relixioso
1943
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bemil (Santa María)

Lugar: Outeiro

36659  Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 37' 06.9" N - 8º 38' 53.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico, do que conserva a ábsida semicircular do s. XII, de gran pureza, con vans no pano central. Os muros refeitos, conservan canzorros románicos, na parte dianteira, sobre unha sinxela porta de arco semicircular. O arco tapado, no interior do muro sur, parece ser o resto dunha antiga porta románica. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura. A cubrición abovedada que se levanta sobre o comezo da nave, con curiosos rosetóns, é moderna.

Acceso

Saíndo de Caldas de Reis pola estrada N-550 en dirección a Santiago, a 2 Km collemos un desvío á esquerda e a 350 metros está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!