IGREXA DE SAN LOURENZO DE A GRANXA

Relixioso
No Camiño de Santiago
277

Localización

Parroquia: A Granxa (San Lourenzo)

Lugar: A Granxa

15881  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 23.0" N - 8º 26' 25.9" W

Descrición

Construída no s. XI, pero sofre reformas posteriores. Muros recebos e encalados deixando ao descuberto os perpiaños graníticos da fachada e os que enmarcan portas, ventás e esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de tella. Aleiro decorado con canecillos, que presentan formas zoomorfas. No seu interior ten retablos con imaxes e unha columna-sepulcro de reliquias de fins do s. IX- principios do s. X.. Foi construída por mandato do bispo Sisnando e pertenceu ao mosteiro de San Sebastián del Pico Sacro.

Acceso

Seguindo a N-525 dirección Ourense, á altura de Lestedo, a 4,4 km. xirar á esquerda no cruce indicado dirección Cachosenande / Pico Sacro. Seguir a estrada e a 3,3 km. atópase a igrexa á dereita.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Última actualización: 29/05/2017
Arriba