IGREXA DE SAN XOÁN DE ESPASANTE

Relixioso
1111

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 42' 44.0" N - 7º 48' 06.0" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido, de finais do século XVII (1696), aínda que as obras se prolongaron ata o século XVIII. Presenta unha planta de cruz latina onde se desenvolve unha soa nave. No interior resalta un dos retablos pola destreza na súa execución e os motivos ornamentais co encanto da arte popular. No exterior a ornamentación concéntrase na fachada principal, onde destacan os tres pórticos de estilo clasicista que dan acceso ao interior.

Acceso

Dende Ortigueira, tomar a AC-862 dirección Viveiro. A 7 km., na parroquia de Espasante, xirar á esquerda no indicador en dirección á igrexa parroquial. O primeiro desvío á dereita conduce á igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!