CAPELA DA VIRXE DE GUADALUPE

Relixioso
2092
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxo

Praza de Castelao

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 11.0" N - 8º 49' 04.9" W

Descrición

Sinxela e preciosa capela situada na Praza de Castelao (centro da vila de Rianxo). Dende 1854 garda no seu interior a venerada imaxe da Virxe de Guadalupe, feita en cartón pedra polo relixioso rianxeiro frei Xosé de Santiago e traída ata Rianxo dende o mosteiro de Guadalupe (Cáceres). 
A capela, de estilo gótico mariñeiro, foi fundada no ano 1671 sobre outra anterior de 1561.

Acceso

Atópase en pleno centro de Rianxo (Praza de Castelao). Peonil, en autobús (parada a escasos 100 m), en coche e en barco (porto de Rianxo a 500 m, percorrendo o paseo de Manuel Antonio).

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!