IGREXA DE SANTA EULALIA DE AREALONGA

Relixioso
1432
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arealonga (Santa Baia)

Praza de España 6

36600  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 37.7" N - 8º 45' 55.3" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, foi construída a finais do século XVII sobre unha ermida de orixe descoñecido, posúe claras influencias do arte compostelá.

É un templo austero cunha pequena portada que encerra unha porta adintelada dentro de pilastras e un frontón partido, coroado por outro frontón curvo, que acolle unha fornela coa imaxe da santa.
A ambos lados, os escudos da casa de Vistalegre. A nave principal é de cruz latina, con dúas capelas laterais, a de San Miguel e a do Rosario, a primeira destaca polo seu conxunto escultórico e a segunda pola súa monumentalidade.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba