Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SAN MARTÍN DE SOBRÁN&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SAN MARTÍN DE SOBRÁN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5091/igrexa-de-san-martin-de-sobran?langId=gl_ES
A Igrexa de San Martín de Sobrán é unha das máis belas manifestacións da arte románica de Galicia e tamén de España.
A pesar do seu carácter de igrexa rural, ligada ao veciño pazo de Sobrán, destaca a amplitude da súa única nave, que se divide en tres compartimentos por medio dos seus correspondentes arcos transversais, os cales, á súa vez, sosteñen unha espléndida bóveda semicircular. Nun nicho aberto nun lateral áchase a estatua de Xoán Mariño, fundador de Vilaxoán.
Os grosos muros da igrexa de Sobrán ven interrompidos por uns vans que, como a igrexa no seu conxunto, resultan un paradigma da arte románica: abertura en forma de seteira, arco de medio punto, arquivoltas e unha coidada ornamentación dos capiteis. É preciso chamar a atención sobre o denominado xadrezado, a decoración xeométrica que contorna as xanelas e que referendan o influxo da Catedral de Santiago e das peregrinacións que ata ela se dirixían.
A fachada non presenta o seu aspecto orixinal, xa que, por unha banda, perdeu o trazado de pedra que dividía o rosetón central, e, por outro, carece tamén da figura ecuestre de San Martín, patrón da parroquia, que ata finais do século XIX presidía o conxunto.
Un último aspecto a destacar é a ábsida, non só polas súas xanelas, cuxas características quedan expostas, senón polos canzorros –pequenas pezas esculpidas que sosteñen a cornixa- nos que o artista daba renda solta ao súa imaxínación, como o demostra a postura cando menos pouco respectuosa que, para tratarse dun templo, adopta algunha figura.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.