IGREXA DE SAN MARTIÑO DE CAMEIXA

Relixioso
1355

Localización

Parroquia: Cameixa (San Martiño)

Lugar: Cameixa

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 30.0" N - 8º 09' 36.0" W

Descrición

De estilo románico, século XII, consta dunha soa nave e unha ábsida semicircular, mais unha capela lateral, a sacristía, engadida a posteriori.
A ábsida decorado con formas vexetais, cunha fiestra enmarcada. Na parte alta da mesma, hai un fermoso reloxo de sol.
A portada principal, presenta dous pares de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais moi estilizados. No interior destaca o gran Arco .
Nunha reforma de 1863 atoparon elementos que fan pensar a varios investigadores que o templo podería ser anterior, no sentido de que podería haber outro previo construído no mesmo lugar do ano 600 d.C. Algunhas desas mostras foron unha tumba atopada no solo, unha figura prerrománica dun año, así como unha tella da mesma época. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!