IGREXA DE SANTA MARÍA DE GOMARIZ

Relixioso
1368

Localización

Parroquia: Gomariz (Santa María)

Lugar: Gomariz

32429  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 45.9" N - 8º 07' 01.9" W

Descrición

Pequena igrexa do románico rural (s.XII). Os elementos máis representativos son a ábsida e a fachada, con portada de características primitivas e dous pares de columnas de capiteis decorados con motivos florais e zoomórficos. Sobre a portada ábrese unha ventá con arcos apoiados sobre columnas. Na parte posterior da ábsida rectangular, hai unha longa ventá encadrada entre dúas pequenas columnas, rodeando todo o conxunto un cordón de billetes. Interesante igrexa pola súa sinxeleza e antigüidade, sendo curiosa a ornamentación formada por trevos e debuxos que representan lapas estendidas.

Acceso

Pola estrada local de Carballiño a Ribadavia hai un desvío á altura de Leiro e através dunha pista rural en mal estado (a accesibilidade é mala). Atópase a uns 8 Km.
Arriba
Axúdanos a mellorar!