IGREXA - SANTUARIO DOS REMEDIOS

Relixioso
420

Localización

Parroquia: Castro Caldelas (San Sebastián)

Lugar: O Castro de Caldelas

Avenida de Orense

32760  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 27.9" N - 7º 24' 51.9" W

Descrición

.Trátase dunha construción neoclásica de planta de cruz latina. É un edificio moi amplo no que destaca a súa cúpula elíptica.

A fachada está enmarcada por dúas torres xemelgas de tres corpos graduados de planta cadrada, formados por catro machóns unidos por arcos de medio punto onde van as campás e rematadas cunha cornixa. No último corpo hai unha cupuliña sobre machóns formando seis arcos de medio punto e, coroando a cúpula, un pináculo cunha cruz de forxa en cadansúa torre-campanario. O corpo central presenta balconciño e cúpula elíptica.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Localizar este recurso no mapa
Última actualización: 27/04/2017
Arriba