IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MARZÁ

Relixioso
1315
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Marzá (Santa María)

Lugar: Marzá

27209  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 42.0" N - 7º 51' 42.9" W

Descrición

Igrexa románica de comezos do s. XIII, con reformas posteriores no muro sur, frontis e ábsida. É de planta rectangular, constando de nave, ábsida en dous planos (rectangular e semicircular) e sancristía. Fabricada con muros de cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas augas. Frontis con porta principal sinxela de arco de medio punto, oculto ao exterior por un lintel monolítico que descansa sobre mochetas; ventanal rectangular e espadana barroca de dobre corpo e un só van. No ángulo norte do frontis, perpiaño con relevo de dragón que podería aludir a S. Bartolomé, titular da antiga capela aquí situada antes de ser igrexa parroquial. Interior: retablo lateral norte barroco e pinturas murais góticas con influencia románica na ábsida (s. XV).

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba