Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE NOVELÚA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE NOVELÚA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5423/igrexa-parroquial-de-san-cristobo-de-novelua?langId=gl_ES
Parroquia: Novelúa (San Cristovo)
Lugar: Novelúa
27568 Monterroso - Lugo
Edificio singular, ao tratarse dunha igrexa-fortificación dos séculos XII e XIII, con reformas sufridas no XVII e XVIII. Conserva íntegra a construción románica. Os muros son integramente de cantería de granito e descargan o seu peso sobre contrafortes que reforzan os laterais da nave. A cuberta é a dúas augas e nela interveñen a lousa e a tella. Entre ela e os muros consérvanse canzorros en remate de proa. Está dividida en varios tramos: cabido, prenave ou pórtico, nave e ábsida semicircular elevada sobre base pétrea.
Accédese ao cabido a partir dunha porta alintelada, e de aquí pásase á prenave. Alí ábrense senllas portas con arcos de medio punto. A portada principal ten arco de medio punto abucinado, con tres arquivoltas con columnas de tres ordes, chapiteis variados e mochetas decoradas que pechan o tímpano alintelado. No frontis érguese unha torre-campanario de tres corpos (o superior de estilo barroco) que lle outorga o carácter de arquitectura defensiva ao conxunto. No corpo inferior ábrese un van cadrado cinguido por dúas columnas de rudos fustes e capiteis.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.