Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALCEDA&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE SALCEDA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5532/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-salceda?langId=gl_ES
Igrexa parroquial reedificada no ano 1769 sobre a fábrica do antigo mosteiro fundado no ano 914. É unha obra artística de estilo toscano con torre lateral á que se accede a través dunha escaleira exterior. Destaca a portada norte de acceso ao interior do templo tamén coñecida como a Porta da Raíña, en memoria da raíña Aragonta, esposa de Ordoño II (914-924) quen, ligada a unha dramática historia de amor acharía refuxio neste mosteiro. No interior do templo recóllese unha inscrición funeraria do ano 943 que reza o seguinte texto "in hoc tvmvlo requiescit famvlvs dei Hermegildus qui obiit die quinta feira nonas novembris era DCCCCLXXXI fratres et sorores orate pro nos" (Neste sarcófago xace o servo de Dios Hermenegildo que faleceu o día 2 de novembro do 943. Irmáns e irmás pregade por nós).
Na igrexa pódense observar elementos arquitectónicos pertencentes o antigo mosteiro, tales como as pedras que forman o teito ou a pequena bóveda da sacristía, e como elemento relevante, na clave da cúpula da sacristía hai unha roseta que é o símbolo de moitos canteiros do Baixo Miño.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.