IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DA COVA

Relixioso
1977

Localización

Parroquia: A Cova (San Xoán)

Lugar: Piñarrostro

27532  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 25.9" N - 7º 42' 37.0" W

Descrición

Igrexa dun antigo mosteiro de monxas benedictinas, data de finais do século XII, a excepción da parte alta do frontis e a espadaña que son do último cuarto do século XVIII. Foi traslada da súa situación orixinal a causa da construción do encoro de Os Peares. Nave rectangular con cuberta a dúas augas, portada con arco abucinado de medio punto e arquivoltas, columnas, capiteis e tímpano con inscrición. Ábsida semicircular, con ventá e seteiras.

Acceso

A 2 km. de Castro tomar desviación á esquerda sinalizada (LU-P 10-06). A 4 km. nun cruzamento tomar á dereita a LU-P 18-01, sinalizado. A 8,1 km. despois de pasar a aldea de Ribeiriña, tomar desvío pouco visible á esquerda, por unha pista sen asfaltar. A 700 metros está a igrexa.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!