IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DE CHOUZÁN

Relixioso
2133

Localización

Parroquia: Chouzán (Santo Estevo)

Lugar: Chouzán

27532  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 04.9" N - 7º 43' 26.9" W

Descrición

Igrexa de antigo mosteiro datado na segunda metade do século XII, con reformas no XIV e XVIII e XX nos brazos do cruceiro, o frontis. No XX, coa construción do encoro de Os Peares, trasládase da súa localización orixinal e eliminan os brazos do cruceiro e engádeselle o baptisterio, sancristía e unha estanza contigua. Ábsida de tramo rectangular e cabeceira semicircular con bóveda de canón. Arco triunfal de medio punto, arquivolta de aresta viva, gornición de flores e columnas e capiteis estilizados. No exterior a ábsida divídese en cinco partes por medio de catro columnas pegadas, que se corresponden con outras no interior. Os capiteis interiores son de motivos vexetais, e os exteriores figurados. No testeiro ten ventás de arco apuntado. Ten canecillos con decoración antropomorfa, vexetal e xeométrica

Acceso

A 2 km. de Castro tomar desviación á esquerda sinalizada (LU-P 10-06). A 4 km. nun cruzamento tomar á dereita a LU-P 18-01, sinalizado. A 250 metros tomar desvío sinalizado á esquerda e a 500 metros chégase á aldea de Chouzán. Alí tomar un camiño ( a pé) polo lugar de Poxa e a 150 metros está a igrexa.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba