PAZO DOS MOUZO

Civil
1245

Localización

Parroquia: Xaviña (Santa María)

Lugar: Tasaraño

15122  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 24.1" N - 9º 08' 49.1" W

Descrición

Do século XVIII, este pazo de estilo barroco compleméntase con dous maxestosos hórreos, de tipoloxía típica da Costa da Morte, un pombal e varias construcións anexas.
O edificio do pazo, de planta rectangular e cuberta a catro augas, érguese por riba do nivel da rúa e ten o acceso a través dunha pequena escalinata de pedra no eixo de simetría que conduce á portada de entrada, con arco de medio punto e, pilastras baixo unha moldura quebrada a modo de cornixa. No nivel superior prima a homoxeneidade construtiva e o emprego de vanos, exceptuando a balconada.                                                        
A pedra é a protagonista da construción, destacando nos esquinais, no zócolo e nas cornixas.
Coñécese como Pazo dos Mouzo por ser o nome de familia dos últimos propietarios.

Acceso

Pola AC-432 xirar á dereita dirección Dor e logo á dereita dirección Tasaraño.
Arriba
Axúdanos a mellorar!