PONTE DE PONTE DO PORTO

Civil
3642

Localización

Parroquia: A Ponte do Porto (San Pedro)

Lugar: A Ponte do Porto

15121  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 16.8" N - 9º 06' 55.7" W

Descrición

Ponte de época baixomedieval con orixe no século XIII que une ambas beiras do río Grande a través de catro arcos, dous de medio punto e, outros dous, lixeiramente apuntados. Os arcos preséntanse asentados sobre unha base con tallamares de traza semicircular auga abaixo e, de traza triangular auga arriba.
Debido ás reformas que sufriu, sobre todo, a partir da segunda metade do século XX, perdeu o deseño orixinal. Intervencións que supuxeron un ancheamento para facilitar o tránsito de vehículos e, a eliminación do peitoril ou apartadoiros para peóns de pedra, substituídos por unha simple varanda metálica.

Acceso

Estrada AC-432 ata desvío á man dereita para coller a CP-1603.
Arriba
Axúdanos a mellorar!